+ 34 981 508 142

630 069 637


35ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

Unha vez que a covid 19 trastocou os nosos plans para a celebración do 40 aniversario de AGA e o 30 aniversario da Cooperativa Erica Mel dentro da 35ª Mostra Galega de Apicultura, é hora de retomar esta actividade aínda que sexa con profundos cambios, debidos á situación da pandemia.

Nos últimos anos, as nosas organizacións apícolas están creando as infraestruturas necesarias para mellorar as calidades das nosas producións e tamén a comercialización destas producións, co fin de coidar os consumidores máis concienciados sobre a bondade dos produtos das nosas abellas, dentro dunha alimentación saudable, xa que son fortalecedores do sistema inmunolóxico e revitalizantes naturais dos consumidores, empezando pola propia familia abelleira.

O Laboratorio de AGA, o concurso de Meles 5 Estrelas e a Botica das Abellas son os instrumentos que acabamos de poñer en marcha mediante un convenio asinado o 8 de xuño entre AGA, Erica Mel e O Enredo do Abelleiro. De todo isto imos falar o día 2 de agosto en Arzúa.

Para este labor imos comezar o día da 35ª Mostra en Arzúa coa oferta de produtos da BOTICA DAS ABELLAS en envases familiares.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA

― Ás 10,30 horas:

1. Charlas no Local de Veciños Santa María ou no Parque dos Polinizadores, dependendo das condicións climáticas.

  • Comercialización do mel en Galicia, modelo Erica Mel, S.C.G., por Suso Asorey.         
  • A Botica das Abellas. A saúde é o que nos importa, por Xosé Torres.
  • Laboratorio de Mel de AGA e Concurso Mel 5 Estrelas, por Joaquín Lozano.
  • Consultorio de sanidade apícola e Vespa velutina, por Gonzalo Calvo.
  • Degustación de queixo de Arzúa con Meles 5 Estrelas, por Noela Torres.

2. Inauguración do Parque dos Polinizadores.

― Ás 12,30 horas:

3. Asemblea de Erica, no Local de Veciños de Santa María.

4. Material apícola na nave de Erica Mel.

― Ás 14 horas:

5. Xantar abelleiro.

Na carballeira, polbo á feira, pola polbeira de Santa María, e sobremesa de queixo de Arzúa con Meles 5 Estrelas, por xentileza de Erica Mel.

6. Promoción de produtos da BOTICA DA SAÚDE en envases familiares. Pole cun 20 % de desconto.

 

NOTA IMPORTANTE:

Participación na 35ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

Requírese inscrición previa para participar, tanto nas charlas como para o xantar, co propósito de poder organizar o espazo e cumprir co tema de distancias sociais de seguridade.

Tamén é obrigatorio acudir coa máscara protectora correspondente.

Os socios e as socias de Erica tamén deberán apuntarse para acondicionar o local segundo o número de asistentes.

Hai que enviar a folla adxunta cuberta antes do mércores 22 xullo a AGA, por correo terrestre ou por email.

FOLLA DE INSCRICIÓN DESCARGAR AQUÍ

 


Voltar