+ 34 981 508 142

A ALIMENTACIÓN NO CALENDARIO APÍCOLA

21 de marzo de 2019

A alimentación é un tema de máxima actualidade no sector, polas novas necesidades nas colmeas derivadas dos cambios que está sufrindo o medio ambiente, como o cambio climático ou a Vespa velutina.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No Día do Apicultor, Antonio Gómez Pajuelo ofreceu un relatorio sobre alimentación no que recalcou que sempre hai que adaptarse ás condicións de cada colmea e avaliar se é preciso ou non alimentar, para que e con que, tendo coidado ademais de non excederse con esta práctica ou utilizar unha alimentación incorrecta, pois o efecto pode ser negativo para as abellas e a calidade do mel. Tamén participou nesa sesión Suso Asorey, voceiro de AGA e biólogo,  que formulou o dilema de se é realmente necesario alimentar as colmeas, xa que en Galicia as abellas teñen unha flora suficiente na natureza para cubrir as súas necesidades de nutrición durante todo o ano. Engadiu tamén Asorey que só en casos concretos de escaseza de reservas na colmea —situación que pode comprobarse de diferentes maneiras— sería aconsellable alimentar. 

A técnica agrícola Fina Gonell, de Pajuelo Consultores Apícolas, ofreceu tamén unha palestra e obradoiro sobre alimentación no Curso de Sanidade e Manexo Apícola que se celebrou na Escola Galega de Apicultura o pasado outono. Segundo Gonell,  unha falta de nutrición afecta a abella adulta e a alimentación larval e a súa calidade, con impactos na seguinte xeración e na supervivencia da colonia. Ademais, coa presión da Vespa velutina nas colmeas no verán, é necesario avaliar os efectos causados por non poder saír as abellas e cómpre establecer un cambio de estratexias de manexo no apiario, procurando achegarlles a comida que non colleitaron no exterior, de resultar preciso.

Descargas:

Alimentación das colmeas, por Antonio Gómez Pajuelo, Día do Apicultor 2019

Alimentar só en caso de fame, por Suso Asorey, Día do Apicultor 2019

Resumo da palestra sobre alimentación, por Fina Gonell, Pajuelo Consultores Apícolas, curso "Sanidade e Manexo Apícola", outubro 2018


Voltar