+ 34 981 508 142

A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA PRESENTA O PROXECTO: APITURISMO XACOBEO 2021

12 de setembro 2019

O proxecto, financiado polo programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, busca poñer en valor a apicultura milenaria que forma parte da nosa rica paisaxe etnográfica, cunha arte e arquitectura únicas no mundo.

 

O vindeiro domingo 15 de setembro en Allariz, con motivo da II Feira dos Produtos Apícolas, AGA presentará este novo proxecto que pretende divulgar o noso rico patrimonio apícola, promovendo así a visita de persoas de tódalas partes do mundo que queiran gozar das nosas fermosas paisaxes e dunha apicultura singular, da que se obteñen uns produtos apícolas extraordinarios.

O acto terá lugar ás 11.30 h. na Praza de Abastos de Allariz e incluirá a proxección dun vídeo promocional, a intervención de Suso Asorey, voceiro de AGA, e outras persoas vinculadas co apiturismo en Galicia. Tamén haberá unha exposición de fotografías e unha degustación de meles, que terá lugar no mesmo recinto da feira durante todo o día, xunto coas demais actividades programadas na xornada: obradoiros, demostracións, espazo infantil, sorteos e moito máis.

AVISO: Con motivo da previsión de choiva para o domingo, todas as actividades da feira trasladaranse para a Praza de Abastos.

 


Voltar