+ 34 981 508 142

A DAGA FERROL ORGANIZA UNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN MEDIO AMBIENTAL SOBRE A VESPA VELUTINA

25 de maio de 2018

Campaña de sensibilización medioambiental, divulgativa sobre os riscos que conleva a Vespa velutina e seu control. Este programa consiste en charlas/taller de 2:30 horas impartidas nas parroquias do rural de Narón.

A velutina é unha invasora moi perigosa para o equilibrio do ecosistema e das persoas. Esta campaña pretende concienciar á veciñanza sobre a dimensión do problema, que está causando moitos danos ao sector apícola, madereiro e froiteiro, e tamén representa un perigo para a poboación en xeral e o medioambiente.

Relación de charlas/taller da vindeira semana:

• Luns, día 28 de maio as 19 horas.- AVV DO COUTO

• Mércores, 30 maio, as 19 horas.- Asoc. Cultural a Pombiña de Pedroso.

• Xoves, 31 maio, as 19 horas.- Salón de Actos da Coop. Do Val.

 

Voltar