+ 34 981 508 142

A DIVERSIFICACIÓN, UNHA NECESIDADE PARA OS NOVOS APICULTORES E APICULTORAS

13 de maio de 2019

O pasado 11 de maio celebrouse na EGA en Allariz a xornada sobre apicultura e fruticultura. Nela participaron un grupo de novos apicultores e apicultoras que están buscando alternativas no rural para ampliar as súas explotacións apícolas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Durante a xornada presentouse información técnica sobre a produción da  mazá, a cargo de Francisco Otero, experto técnico da Xunta de Galicia sobre este tema, e David Asper, apicultor de Chantada, que explicou a súa exitosa experiencia combinando as dúas actividades. 

Sobre a castaña falou Manuel Vilariño, do Consello Regulador Castaña de Galicia, que explicou as posibilidades que ofrece a produción da castaña e José Manuel Guerra, apicultor da Gudiña, contou como complementa a actividade apícola coa produción de castañas e a boa rendabilidade de ambalas dúas actividades.

A xornada tamén incluiu o tema do aproveitamento dos nosos montes, da man de Diego Sánchez, técnico do SLG e socio de AGA, que explicou o potencial apícola que temos nos montes de Galicia e os moitos usos que podemos obter del, como por exemplo a produción de madeira de calidade ou os froitos secos, como as noces ou as abelás.

Para rematar Suso Asorey, voceiro de AGA, amosou a gran gama de produtos que podemos obter das nosas colmeas e a importancia de valorar o noso mel, obtido a partir de flores silvestres, ó que deberíamos denominar "Mel de monte" para diferenciarse doutros meles de baixa calidade presentes no mercado.

Esta formación continuará no verán cunha xornada de campo na que se visitarán explotacións que combinen a actividade apícola con outras producións frutícolas.


Voltar