+ 34 981 508 142

A ESCOLA GALEGA DE APICULTURA ORGANIZARÁ A FEIRA DO MEL DE ALLARIZ

25 de maio de 2018

A Escola Galega de Apicultura EGA, a través das entidades que a conforman: AGA, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, organizarán a Feira do Mel de Allariz o 16 de setembro. Así foi acordado no remate do Curso Superior de Apicultura Comercial, celebrado na EGA durante esta primavera, e cuios alumnos e alumnas participarán na súa realización como prácticas do curso. 

A Feira do Mel de Allariz pretende ser unha feira "con valor engadido", ofrecendo unha ampla variedade de produtos apícolas de Galicia e extranxeiro, que teñan valor engadido ou destaquen pola súa singularidade ou imaxe. Ademais, incluirase un programa de actividades para todos os públicos, dende charlas apícolas, showcooking con mel e obradoiros para nenos e nenas. O obxectivo é convertir esta feira nunha das feiras de referencia do mel en Galicia.

 

Voltar