+ 34 981 508 142

A RIQUEZA DOS PRODUTOS DAS ABELLAS, A NECESIDADE DE COIDAR DA SÚA SAÚDE E O HIMNO ABELLEIRO, NA 33ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

4 de xuño de 2018

O pasado sábado celebramos en Arzúa a 33ª Mostra Galega de Apicultura con interesantes charlas sobre os produtos da colmea con valor engadido e as súas posibilidades comerciais. Antonio Bentabol, directo de la Casa de la Miel de Tenerife falou sobre a riqueza dos meles monoflorais desta illa canaria e Francisco Rogao, de Macmel, explicou a súa experiencia na produción e comercialización do pole.

 

Tamén se tratou o tema da sanidade apícola e a importancia de coidar da saúde das abellas, entre outras cousas facendo un correcto control da varroa, que nos relatou o veterinario Joaquín Lozano. E por úlltimo, presentáronse novidosas trampas para facer fronte ó tártago asiático, que aínda en fase de probas pero poden contribuir a medio prazo a minimizar os danos provocados nas colmeas por este insecto invasor.

Ademais celebramos a prohibición dos pesticidas cun acto no que participaron varios artistas convidados: o cantautor Mini, interpretou coa súa potente voz algúns dos seus tradicionais temas reivindicativos e Paulina Ceremuzynska, cantante especializada en música medieval deleitounos cunhas Cantigas de Santa María e Martín Codax e para rematar, acompañada polo guitarrista Javier García, interpretou o Himno Abelleiro, unha versión do "Himno do apicultor" de Eslovenia, traducida ó galego e que se preparou como homenaxe a Eslovenia, país impulsor da iniciativa de declarar oficialmente o Día Mundial da Abella o 20 de maio, celebrado este ano por primeira vez a nivel internacional.

Máis imaxes da xornada no facebook de AGA e nos próximos días publicaremos un resumo sobre as palestras.

 


Voltar