+ 34 981 508 142

A UNIÓN EUROPEA REXEITA O CAMBIO DA ETIQUETAXE DO MEL

29 de novembro de 2019

A Comisión Europea emitiu un ditame negativo sobre o proxecto que pretendía facer obrigatorio a identificación dos países de orixe do mel e a porcentaxe que cada un deles representa no mel envasado, modificando así o Real Decreto 1049/2003 referido á calidade do mel.

Dende AGA apoiamos tamén este cambio na normativa. Aínda que o mel galego está xa protexido a través da IXP Mel de Galicia, é preciso que os consumidores teñan información clara e transparente sobre os produtos que consumen.

 

 

Ampliamos a información coa nova publicada en Campo Galego: 

A actual normativa permite utilizar a denominación 'mestura de meles procedentes da UE e de meles non procedentes da UE' sen especificar nin os países nin a porcentaxe de cada un deles. Isto dá lugar a que se permita que se indique mel europeo e español en envases que conteñen cantidades insignificantes dos meles españois. Unha situación que, como denuncia Cooperativas Agro-alimentarias: "confunde gravemente ao consumidor ao non permitirlle realizar unha compra real e suficientemente informada", reprocha.

A única posibilidade que ofrece Europa é indicar a listaxe de países coa orde que o envasador decida. Por iso, o sector apícola solicitoulle ao Ministerio a necesidade de implementar unha etiquetaxe da orixe do mel máis clara e útil para os consumidores. O Ministerio propuxo incluír a relación de países de orixe en sentido descendente e a incorporación da porcentaxe de cada un deles. España é o principal produtor da Unión Europea, e este paso adiante situaba ós produtores españois á cabeza en información e transparencia sobre a orixe do mel que se consume.

Porén, o ditame publicado pola Comisión impide desenvolver unha normativa que especifique a porcentaxe de cada orixe e tampouco obriga a que a listaxe de países se faga en orde á porcentaxe de mel que contén. A única posibilidade que ofrece é indicar a listaxe de países coa orde que o envasador decida. Deste xeito, un mel cun 1% de mel español e un 99% de mel china podería ser etiquetada como 'Orixe: España China'.

Esta posibilidade, tal e como critica Cooperativas Agro-alimentarias de España, empeora a situación actual, xa que causa máis confusión na etiquetaxe e supón un grave prexuízo para o mel español, producido baixo os estándares de calidade do modelo europeo.

Cooperativas Agro-alimentarias de España trasladoulle ao Ministerio a súa oposición a que se tomen iniciativas 'de mínimos' e 'parches' que lonxe de liquidar a situación empeórana. Por iso, o colectivo propuxo que se traballe no desenvolvemento e promoción dunha etiquetaxe que contemple a identificación de 'Mel de Orixe: España'.

 


Voltar