+ 34 981 508 142

ACTIVIDADES DAGAS NOVEMBRO

DAGA Ortegal

Xornada Apícola. 10 de novembro, Ortigueira

Haberá un acto de recoñecemento para os fundadores da DAGA Ortegal, unha cata de meles de Galicia por IXP Mel de Galicia e Xosé Torres, presidente de AGA, ofrecerá a charla "Perspectivas da apicultura en Galicia e loita pola supervivencia das abellas"

30ª Feira do Mel de Ortegal. 11 de novembro, Ortigueira

Actividades culturais e gastronómicas para todos os públicos.

DAGA Ferrolterra

Semana das Abellas de Ferrol. Do 16 ó 21 de novembro,  Capela do Centro Cultural Torrente Ballester (Rúa Concepción Arenal s/n - Ferrol)

O programa inclúe unha exposición educativa e xornadas técnicas sobre a Vespa velutina, coa divulgación de investigacións realizadas pola Universidade de Santiago e sobre actuación ante as picaduras de avespas.

Feira do Mel de Ferrolterra. 18 de novembro, Sedes (Narón).  A DAGA disporá de dúas mesas para produtores de AGA de fora da bisbarra, que se sortearan entre os solicitantes. Para solicitudes enviar un email a dagaferrol@hotmail.com.

O programa completo destas actividades será publicado na web de AGA nos próximos días


Voltar