+ 34 981 508 142

ACTUALIZACIÓN CADERNO E SEGURO APÍCOLA

20 de febreiro de 2020

Lembramos que as persoas titulares de explotacións apícolas teñen a obriga de actualizar o caderno na oficina agraria antes do 1 de marzo. Este é un requisito indispensable para solicitar a subvención do Plan Apícola, así como ter un seguro de colmeas.

O seguro colectivo de colmeas de AGA pódese suscribir ou renovar dende o mes de xaneiro. A póliza inclúe multirrisco e responsabilidade civil e ten un prezo de 1 € por colmea. Lembramos que a póliza anterior rematou o 7 de febreiro e non se renova de xeito automático, polo que hai que comunicar a AGA a renovación indicando: nome do socio ou socia, nome do titular da explotación, nº REGA, nº colmeas e forma de pago. Se se solicita o cobro da subvención do seguro no Plan Apícola a través de AGA, ten que ser feito a través da póliza de AGA. 


Voltar