+ 34 981 508 142

ACTUALIZACIÓN DO CADERNO APÍCOLA E RENOVACIÓN DO SEGURO

21 de decembro de 2018

As  persoas titulares de explotacións apícolas teñen a obriga tódolos anos de actualizar o caderno apícola na oficina agraria antes do 1 de marzo. Este é ademais un requisito indispensable para solicitar a subvención do Plan Apícola.

Lembramos ademais que a partir do 1 de xaneiro xa se pode renovar o seguro de colmeas para o 2019. A póliza colectiva de AGA remata o 7 de febreiro, polo que os socios/as que queiran renovalo teñen que comunicalo obrigatoriamente (non se renova automaticamente aínda que xa se teña feito o ano anterior).  Para renovar ou contratar o seguro hai que comunicar a AGA o nome socio/a, o nome da persoa titular da explotación, o nº REGA, nº de colmeas e forma de pago.

 

Voltar