+ 34 981 508 142

630 069 637


ACTUALIZACIÓN INFORMACIÓN APÍCOLA 31/03/2020 CRISE CORONAVIRUS

31 de marzo de 2020

Despois da publicación o pasado 29 de marzo do decreto que restrinxe as actividades laborais a aquelas estrictamente esenciais, informamos os socios e socias que este decreto non modifica as normas publicadas ata agora respecto ó mantemento da actividade apícola, que pode continuar como ata agora, sexa para profesionais como para autoconsumo.

De tódolos xeitos, durante a aplicación do decreto, ata o 9 de abril, hai que restrinxir ó mínimo indispensable os desprazamentos ás colmeas ou aqueles necesarios para a a actividade. A aplicación será moi restrictiva e, no caso dun control, só se poderá xustificar se o desprazamento é estrictamente necesario. Se o motivo do mesmo se pode aprazar ata despois do 9 de abril recoméndase facelo, para evitar posibles sancións. Lamentablemente a clave estará na interpretación individual que fagan en cada caso as Forzas de Seguridade do que é un desprazamento indispensable para atender unha actividade apícola esencial.

Debido a esta nova situación, o persoal de AGA seguirá ofrecendo os servizos habituais só por teletraballo, atendendo por teléfono móbil e email. No caso de Erica Mel, continúa o traballo nas instalacións de Arzúa, pero restrinxindo a atención presencial ó mínimo.

A partir de agora e ata que remate esta situación de emerxencia os contactos de AGA e Erica Mel serán:

AGA

Consultas xerais: Móbil 630 069 637 (tamén whatsapp)
Consultas técnicas e sanitarias: Móbil 630 83 83 12 (tamén whatsapp)
Email info@apiculturagalega.es

ERICA MEL

Teléfono fixo: 981 508 142
Email: cooperativa@ericamel.es


Voltar