16 de febreiro de 2016
Ante o avance extraordinario da Vespa velutina, AGA, Asociación Galega de Apicultura, pon en marcha un programa para o control desta especie invasora que será presentando no Día do Apicultor en Arzúa o sábado 20 de febreiro.
Convidamos a todas as persoas interesadas a asistir á xuntanza para recibir información.
O programa consistirá por un lado en levar a cabo unha captura masiva de raíñas durante a primavera e por outro realizar un programa de investigación para desenvolver mellores e máis eficaces métodos de prevención e eliminación da avespa asiática.
Captura masiva de raíñas fundadoras
Participantes: 500 socios/as de AGA
Material: 3.000 trampas cos seus atraíntes.
Condicións de participación:
Ser socio/a de AGA e asistir á explicación do programa o Día do Apicultor ou nas xornadas que se convocarán a través das delegacións de AGA e recoller as trampas e atraíntes
Nº de trampas e atraíntes a recoller por socio/a:
1 trampa / 10 colmeas e 6 doses de atraínte / trampa
Período de colocación das trampas: De marzo a xuño
Renovación do atraínte:
Cada 2 semanas aprox.
Prezos:
As trampas e atraíntes serán costeados por AGA nun 75 % e polo socio/a nun 25 %.
Trampas a 1 €
Atraínte monodose a 0,20 €
Atraínte en botella 100 doses a 9 €
Envío de información dos datos:
Os participantes no programa recibirán instruccións por email ou por teléfono para comunicar os datos.
Programa de investigación aplicada
Que nos permitirá diagnosticar os mellores métodos de captura e control da Vespa velutina co menor impacto posible sobre outros polinizadores.
Coordinará a nivel científico a Doutora Sandra Rojas Nossa da Universidade de Vigo, apicultora e socia de AGA e o equipo de traballo estará constituido por socios e socias das 11 delegacións comarcais, DAGAS, que se comprometerán a realizar os traballos de campo propostos no programa de control e cuxos datos serán tratados na Universidade de Vigo como entidade colaboradora, para ter conclusións da súa eficacia.
O programa e os seus contidos iranse actualizando e completando a través da web de AGA.
Máis información
Email: velutinaengalicia@hotmail.com
Tel.: 981 589 534