+ 34 981 508 142

AMPLIACIÓN PRAZO PREINSCRICIÓN CURSO INCORPORACIÓN

21 de febreiro de 2020

Debido a que todavía non temos o número mínimo para poder organizar este curso, ampliamos o prazo de preinscrición ata o 28 de febreiro. Esta formación, organizada por AGA en colaboración co SLG, vai dirixida ás persoas que solicitaron a subvención de incorporación en apicultura, ou que estén en trámites de facelo. Ofreceranse os tres módulos específicos para apicultura, cun total de 100 horas, das cales o 50% serán prácticas, e terá validez oficial para poder pedir a subvención. 

Unha vez teñamos o grupo, fixarase o lugar e datas, e abriremos o prazo de inscrición final. Será de balde para socios e socias de AGA e para o resto publicarase o prezo cando se abra o prazo de inscrición final. Para anotarse enviar un email a info@apiculturagalega.es ou por teléfono 981 508 142.


Voltar