+ 34 981 508 142

APISALNES - 12, 13 E 14 DE OUTUBRO EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Organiza: DAGA Salnés e Concello de Vilagarcía de Arousa

A próxima fin de semana, os amantes dos produtos da colmea terán unha oportunidade fantástica de disfrutar dos manxares que nos ofrecen as abellas e aprender sobre os seus beneficios e maravillosas propiedades, tanto culinarias como medicinais. Ademais da exposición e venda de produtos apícolas, haberá charlas sobre apiterapia, a cargo dos apiterapeutas José Castro e Leonor Varela, catas de mel, degustacións de produtos e obradoiros abertos a todo o público interesado.

Os apicultores e apicultoras poderán aproveitar a ocasión para aprender sobre como mellorar a saúde das colmeas na charla que impartirá Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, ou para informarse sobre a loita contra a Vespa velutina, con Fernando Cores, experto e fabricante de arpas eléctricas. Tamén haberá tempo para analizar e reflexionar sobre a situación da apicultura, cunha interesante charla de Xosé Torres, presidente de AGA, titulada "Perspectivas da apicultura en Galicia, a loita pola supervivencia das abellas".

 

 

Voltar