+ 34 981 508 142

APITURISMO NO XACOBEO 2021

12 de xullo de 2018

AGA acaba de recibir a concesión dunha subvención de 18.000 € dentro do programa de promoción do Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, que se desenvolverá durante este ano 2019.

O proxecto presentado por AGA ten como obxectivo a promoción do apiturismo en Galicia, a través dunha publicación sobre apiturismo, que amosará a apicultura tradicional de Galicia, a nosa paisaxe e a riqueza dos produtos das nosas abellas. Tamén se incluirá información sobre os recursos sobre apiturismo existentes e outras actividades de AGA que teñen como finalidade a promoción da nosa apicultura e dos nosos meles, como, por exemplo, o Concurso de Meles 5 Estrelas. Esta publicación distribuirase tanto en Galicia coma a nivel internacional, para que visitantes de todas as partes do mundo veñan coñecer a nosa apicultura.

Ademais, durante o proxecto, tamén se realizarán degustacións de mel con outros produtos galegos, que terá como finalidade mellorar o coñecemento entre os diferentes públicos, dende apicultores a consumidores, dos produtos da colmea e as súas posibilidades comerciais e gastronómicas.

 


Voltar