+ 34 981 508 142

630 069 637


APRAZAMENTO 35ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA E FORMACIÓN

30 de abril de 2020

Debido á crise sanitaria do COVID-19, non poderemos realizar o programa de AGA tal como tiñamos previsto para este ano. En concreto as actividades de formación da primavera e a celebración da 35ª Mostra Galega de Apicultura prevista para o 7 de xuño, así como a celebración do aniversario de AGA, quedan finalmente suspendidas ata novo aviso.

Estamos preparando unha alternativa para ofrecer ós socios e socias en sustitución do programa de formación deste ano, con algunha formación online entre outras cousas, das que iremos informando nos próximos días. Tamén estamos valorando a posibilidade de realizar a 35ª Mostra durante o verán, nun formato reducido diferente ó habitual debido a estas circunstancias extraordinarias.

No mes de maio iremos tendo máis información das condicións nas que se poderán ir retomando as actividades, así que en principio en xuño poderemos publicar o novo programa de actividades, que vos faremos chegar tamén por circular.

Para calquera información ou consulta lembramos que estamos dispoñibles nos móbiles 630 069 637 (consultas xerais) e 630 83 83 12 (consultas técnicas e sanitarias), tamén por whatsapp, ou por email a info@apiculturagalega.es.


Voltar