+ 34 981 508 142

630 069 637


ARTIGO SOBRE AS LACENAS DA COSTA DA MORTE, REVISTA ADRA DO MUSEO DO POBO GALEGO

21 de abril de 2020

Nas páxinas 47 a 64 da revista Adra nº 14 - 2019 do Museo do Pobo Galego publícase un interesante artigo sobre "Apiarios na Costa da Morte: as lacenas", do que son autores Xesús García Devesa, David García San León e Manuel Vilar Álvarez, á parte doutros artigos sobre a nosa etnografía.

 

Apiarios na Costa da Morte: as lacenas (Revista Adra nº 14 - 2019)

Xesús García Devesa, David García San León e Manuel Vilar Álvarez

Fose cando fose o inicio da apicultura na Costa da Morte, persisten diversas construcións ligadas á súa explotación, semellantes ás que se conservan no resto da Europa occidental, que posúen algunhas singularidades merecedoras de máis aprecio e recoñecemento. Desafortunadamente, a ignorancia, o deixamento, a dinámica da natureza ou a modernización do substrato en que se atopan, están provocando a súa desaparición. Coas que aínda puidemos visitar fixemos unha clasificación na que, partindo de dous tipos básicos, distinguimos oito variedades en función da morfoloxía e do uso do espazo, afondando na análise das lacenas coa finalidade de salientar os matices diferenciais máis significativos.

Para ler o contido completo do artigo, descargar a revista na seguinte páxina: http://museodopobo.gal/web/revista-adra.php?lang=es


Voltar