+ 34 981 508 142

AVANCE DO PROGRAMA DO IX CONGRESO NACIONAL DE APICULTURA DE TENERIFE

31 de agosto de 2018

A organización do Congreso Nacional de Apicultura de Tenerife, que terá lugar do 25 ó 27 de outubro, xa publicou un avance do programa, no que se incluén interesantes conferencias que impartirán ponentes de prestixio internacional: a calidade do mel, resistencias ós acaricidas da varroa, agricultura a favor das abellas, o efecto do cambio climático na apicultura, etc.

Tamén hai prevista a realización de catro mesas redondas: Situación do sector. Polinización. Sanidade Apícola. Calidade dos produtos apícolas.

Por último, desenvolveranse dous obradoiros: elaboración de alimentos para apicultura (Pajuelo Consultores Apícolas) e interpretación das análises mesopaninolóxicos (Dra. Mª Lucía Piana).

Neste enlace á web do congreso pódese consultar toda a información do programa:

https://congresoapiculturatenerife2018.com/programa/…

Lembramos que AGA organiza este ano unha viaxe ó congreso, do 24 ó 28 de outubro, no que participarán 28 socios e socias de AGA.


Voltar