+ 34 981 508 142

AVANCES NAS NEGOCIACIÓNS CO GOBERNO SOBRE A ETIQUETAXE DO MEL

5 de decembro de 2018

Ante as movilizacións convocadas para a semana que ven por parte do sector apícola e organizacións sindicais, dende o Ministerio de Agricultura xa comezaron as xestións para solucionar o problema da etiquetaxe do mel e buscar fórmulas para a protección do sector apícola e a garantía da calidade e orixe do mel de cara ós consumidores e consumidoras.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por unha banda, dende o Ministerio acaban de lanzar unha consulta pública sobre o proxecto de RD que modifica a norma de calidade do mel con obxecto de dar audiencia á cidadanía e obter aportacións das entidades relacionadas co sector apícola ou outras. Para participar hai que enviar a resposta antes do 20 de decembro a bzn-miel@mapama.es. Descargar documento consulta Ministerio.

Ademais, a Directora Xeral de Produccións e Mercados Agrarios, Esperanza Orellana, e o Director Xeral de Industria Alimentaria, José Miguel Herrero, en reunión celebrada esta semana cos representantes da principais organizacións profesionais do sector apícola, ASAJA, COAG, UPA e Cooperativas Agro-alimentarias, acordaron introducir todas as demandas do sector apícola no novo Real Decreto que se está elaborando para clarificar a etiquetaxe do mel.

Non obstante estes avances, as movilizacións convocadas continúan adiante, tal como anuncian mediante nota de prensa hoxe dende a COAG, con accións en 18 cidades de todo o Estado o día 11 de decembro. 

Entre estas accións figura a de Santiago de Compostela, cunha protesta e acción informativa que levarán a cabo entre AGA e o Sindicato Labrego Galego no Centro Comercial As Cancelas a partir das 11 h. Esta movilización terá como obxectivo asegurar que se cumplan os acordos adiantados polo Goberno e que se teñan en conta todas as reivindicacións do sector, así como tamén informar á cidadanía sobre a problemática e sensibilizar ós consumidores sobre a importancia do consumo de mel local.


Voltar