+ 34 981 508 142

630 069 637


AVISO DE MORTANDADE DAS COLMEAS POR FAME

06 de maio de 2020

Dende AGA avisamos de que se están producindo moitas mortes de colmeas nestes días debido a fame. Os síntomas que atopamos son a presenza de larvas de obreira e de zángano na piqueira, colmeas sen reservas e que non pesan. Ademais, moitas abellas adultas mortas no chan diante da colmea e tamén no interior, no fondo da colmea. Tamén podemos observar os panais valeiros de mel e obreiras metidas nas celas coa cabeza para dentro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe: cadro típico morte por fame, abellas dentro das celdillas, celdillas roídas, ausencia de pole, ausencia de mel e néctar

 

Esta mortandade que estamos vendo é debida a que as colmeas aumentaron moito de poboación e de cría nas semanas anteriores de bo tempo (¡¡¡as veces por unha alimentación líquida excesiva e sen tino por parte do apicultor!!). Agora, ó vir mal tempo, a colmea agota as poucas reservas que tiña e morre de fame.

A causa da mortandade pódese atribuir a un mal manexo da colmea dende o punto de vista nutricional, polo que advertimos de que debemos observar que ocurre nestes días, sen descoidarnos do estado de reservas das nosas colmeas: mirando o seu peso, abrindo algunha sospeitosa, polos restos na piqueira, etc, e se é necesario proceder a colocar inmediatamente en principio alimento sólido, para evitar as mortes por fame.

Revisa as colmeas, alimenta se o precisan e recorda que a alimentación mal feita pode ter consecuencias negativas no teu apiario.

Para calquera aclaración, contacta co veterinario de AGA no tel. 630 83 83 12.


Voltar