+ 34 981 508 142

CAMPAÑA INFORMATIVA: SILLEDA CONTRA A VESPA VELUTINA

21 de febreiro de 2019

O Concello de Silleda en colaboración con AGA organizan un programa de charlas informativas os días 9 e 16 de marzo sobre a loita contra a Vespa velutina, que impartirá o delegado de AGA no Morrazo José Mª Bello.

Esta actuación forma parte da campaña titulada "Silleda contra a Vespa velutina" que, ademais das charlas, inclúe a creación dunha oficina de atención a afectados, que dependerá da Concellería do Medio Ambiente, a posta en marcha de sistemas de trampeo para esta especie e a edición de material divulgativo, con dípticos que se enviarán aos domicilios.

Calendario de charlas:

9 de marzo 
Laro - Centro Social ás 17.30 h. 
Cira - Centro Social ás 19.45 h.

16 de marzo
Bandeira - Centro Vista Alegre ás 17.30 h.
Silleda - Casa da Cultura ás 19.45 h.

A asistencia e aberta e de balde para tódalas persoas interesadas.


Voltar