+ 34 981 508 142

630 069 637


CANLE "APICULTURA GALEGA" EN TELEGRAM

27 de marzo de 2020

Coa finalidade de mellorarmos a comunicación cos socios e socias, e tamén con todas as persoas interesadas nas abellas e a apicultura, creamos unha canle de difusión chamada "Apicultura Galega" a través de Telegram, un sistema de mensaxería por móbil gratuíta, similar ó Whatsapp, pero con máis posibilidades. A través da canle de difusión "Apicultura Galega" as persoas que se subscriban recibirán de xeito inmediato nos seus móbiles a información publicada por AGA.

Explicamos a continuación como acceder a esta canle:

1º) Instalar a aplicación de Telegram no móbil (a través de Play Store ou entrando en www.telegram.com.es)

2º) Abrir a aplicación e onde pon "buscar" (aparece o símbolo dunha lupa) escribir "Apicultura Galega"

3º) Aparecerá a canle de AGA chamada "Apicultura Galega", abrir, darlle a "Unirte" e comezaredes a recibir a información que publiquemos dende AGA de xeito inmediato


Voltar