+ 34 981 508 142

630 069 637


CARA A UNHA POLÍTICA AGRARIA COMÚN-PAC AMIGABLE COS POLINIZADORES

04 de xuño de 2020

A organización BeeLife, da que somos socios, acaba de presentar as ferramentas e as actuacións necesarias para a protección dos insectos polinizadores, incluídas, por suposto, as abellas, nunha PAC pensada para máis alá do ano 2020.

O beneficio desta política é mutuo para os agricultores (pola súa valorización natural), a biodiversidade, os polinizadores (pola variedade alimenticia dispoñible ao longo do ano) e incluso os consumidores deses produtos pola garantía da súa alta calidade.

Para levar a cabo esa nova PAC cómpre ser coidadoso cos elementos básicos da natureza, como son a terra e o subsolo, a auga e o aire, que debemos preservar e evitar a súa contaminación. Isto levaranos a cambios na sistemática agraria dos cultivos, coa súa rotación e diversificación, o uso sostible dos pesticidas e herbicidas, o respecto da biodiversidade, a conservación da paisaxe, a protección e calidade do medio ambiente, a práctica da agroforestería etc., así como o establecemento de ecoesquemas ecolóxicos plantados ex profeso para os polinizadores e a fauna, enténdase a concienciación do establecemento de corredores/separadores naturais, que había hai máis ou menos cincuenta anos no noso agro.

Con este último obxecto recoméndanse toda unha serie de plantacións que serían óptimas para manter esas franxas perimetrais ou campos ateigados de polinizadores.

Noutro piar da PAC establécense as medidas agroambientais e climáticas para garantir intervencións no desenvolvemento rural, coa previsión dun investimento polos estados membros do trinta por cento do orzamento desta área.

Todas estas accións han de ser amigables cos hábitats naturais e os polinizadores, coas abellas á fin e ao cabo.

Ler todo artigo aquí


Voltar