+ 34 981 508 142

630 069 637


¡CELEBRA CON NÓS O DÍA DA ABELLA!

13 de maio de 2020

O vindeiro 20 de maio terá lugar o Día Mundial das Abellas e AGA sumarase como tódolos anos a esta celebración. Como este ano non podemos facelo presencial a causa da crise do COVID-19, propoñemos unha celebración online dirixida principalmente a público infantil, como xa era habitual neste evento, que vai destinada a dar a coñecer esta importante cita anual que se celebra no mundo enteiro e sensibilizar sobre a importancia das abellas no medio ambiente, a través da polinización, que garantiza o mantemento da biodiversidade e a produción de alimentos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para levar a cabo esta iniciativa, contamos coa colaboración do Museo O Enredo do Abelleiro e a cooperativa Erica Mel. A continuación explicamos os detalles da nosa proposta, difúndeo e anima ós nenos e nenas que coñezas a participar!

"Celebra con nós o Día da Abella e aprende sobre o mundo das abellas"

Envíanos o teu debuxo sobre a importancia das abellas, que publicaremos no facebook de AGA durante o Día Mundial das Abellas, o vindeiro 20 de maio, e poderás visitar o museo O Enredo do Abelleiro en Arzúa coa túa familia de balde.

Para participar, envía o teu debuxo a info@apiculturagalega.es ata o día 20 de maio, xunto co teu nome completo, concello, idade, teléfono e email. Poden participar nenos e nenas ata 12 anos de idade.

Como recompensa por amosar interese polo mundo das abellas, cada participante poderá visitar o Enredo do Abelleiro de balde xunto coa súa familia (pai, nai e irmáns), a partir do día 1 de xullo ata rematar o ano, facendo a reserva previa no teléfono 981 50 80 72 ou por email info@abelleiro.com 

 

 


Voltar