+ 34 981 508 142

CHARLA DE SANIDADE APÍCOLA E ASEMBLEA DAGA MORRAZO: 19 DE XANEIRO 2019 EN MOAÑA

19 de xaneiro 2019, de 17 a 19 h. Casa da Mocidade - O Rosal (Moaña)

A charla é de balde e aberta para todo o público interesado. Será impartida polo veterinario de AGA e tratará sobre os diferentes factores que inflúen na saúde das colmeas: prevención, enfermidades, pragas, pesticidas, nutrición, etc. A asistencia é de balde, pero requírese inscrición previa, por email a info@apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

Ademais, ó rematar a charla terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da DAGA do Morrazo, ás 19:30 h en primeira convocatoria e as 19:45 h en segunda convocatoria, no salón de Plenos do Concello de Moaña (Rúa Barxas nº 2). Dende a Delegación de AGA no Morrazo convocan a todos os socios e socias da delegación a participar.

Orde do día:

1. Memoria de actividades do ano 2018.

2. Estado da DAGA.

3. Contas de 2018

4. Reforma do equipo directivo da DAGAç

5. Proposta de actividades para o presente ano 2019

6. Campañas municipais de trampeo de V. velutina. Colaboración dos membros da DAGA.

7. Avance sobre a Economía do 2019

8. Custos do mel e prezo recomendado de venda para este ano.

9. Rogos e preguntas.


Voltar