+ 34 981 508 142

CHARLA E EXPOSICIÓN SOBRE APITURISMO EN LOBIOS

Data e hora: 8 de decembro 2019, ás 12 h.
Lugar: Centro Multiusos de Lobios

O Concello de Lobios e AGA organizan para o vindeiro domingo 8 de decembro unha charla sobre apiturismo, na que Suso Asorey, voceiro de AGA, presentará o proxecto e falará sobre o patrimonio tradicional apícola de Galicia. 

A continacuón farase a proxección do vídeo promocional e ofrecerase unha degustación de meles con outros produtos lácteos. No mesmo local, os días 6, 7 e 8 de decembro, pódese visitar a exposición fotográfica "Apiturismo en Galicia" realizada tamén por AGA.


Voltar