+ 34 981 508 142

CHARLA SOBRE A VESPA VELUTINA EN MONFORTE

Data e hora: 30 de novembro 2019, ás 17 h.
Lugar: CFEA Monforte

A Asociación Galega de Apicultura organiza, en colaboración co CFEA de Monforte de Lemos, esta charla titulada "Vespa velutina, coñecemento da especie e métodos de control" que será impartida por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, e Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa:

  • Anatomía e ciclo biolóxico. Necesidades nutricionais ao longo do ano.
  • Medios de control, loita nos apiarios e protección das colmeas.
  • Obradoiro: arpas eléctricas e sistema de localización de niños.

Inscricións:

A entrada é de balde, previa inscrición por email a info@apiculturagalega.es ou 981 508 142  indicando: nome, teléfono e email, ata o 27 de novembro como data límite.

Para poder levar a cabo a actividade requerirase un mínimo de 15 participantes. Uns días antes da charla contactaremos coas persoas inscritas confirmando a súa celebración.

 


Voltar