+ 34 981 508 142

CHARLA "VESPA VELUTINA, UN PERIGO Á PORTA DA CASA"

Data e hora: 29 de xuño ás 20 h.
Lugar: Casa da Cultura de Galáns - Vilagarcía de Arousa

A Asociación Galega de Apicultura organiza esta charla que impartirá o voceiro de AGA Suso Asorey co obxectivo de informar sobre os danos que está causando a praga do tártago asiático (Vespa velutina) e os actuais métodos de control cos que contamos para reducir os seus efectos.  A entrada é de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.

Ademais, ó rematar á charla terá lugar a constitución da DAGA Salnés, que terá como unha das súas misións traballar para o control da Vespa velutina na comarca do Salnés. Animamos a todos os socios e socias a asistir a esta reunión e participar na creación e desenvovemento desta nova delegación de AGA, que aportará moitos beneficios ós apicultores e apicultoras desta comarca.


Voltar