+ 34 981 508 142

CHARLA "VESPA VELUTINA, UNHA AMEAZA PARA AS ABELLAS E O MEDIO AMBIENTE" - VIANA DO BOLO, 16 DE FEBREIRO

Lugar: Casa da Cultura de Viana do Bolo
Data: 16 de febreiro ás 17 h.

AGA e o Concello de Viana do Bolo organizan esta charla sobre a Vespa Velutina, co obxectivo de informar á poboación en xeral e a apicultores e apicultoras, como un dos sectores máis afectados, ante a recente chegada da praga a esta zona de Ourense. 

José Mª Bello, Delegado de AGA no Morrazo e experto na loita contra o tártago asiático, e Joaquín Lozano, veterinario de AGA,  falarán sobre o comportamento deste insecto invasor e os danos que causa, en particular para as abellas e a apicultura, e sobre os diferentes sistemas que existen para controlala e minimizar os seus efectos. Tratarase de ofrecer recursos para que os apicultores protexan as súas colmeas e a veciñanza poida colaborar nesta loita, así como tamén tomar as precaucións necesarias para evitar accidentes ante a presenza de niños tartagueiros.

A asistencia é de balde, pero requírese inscrición previa, por email a info@apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

 

Voltar