+ 34 981 508 142

CHARLAS "CAUSAS DA MORTANDADE NAS COLMEAS E COMO PREVILAS"

Outono 2018

AGA realizará un programa de charlas sobre sanidade apícola durante este outono en diferentes lugares de Galicia. Serán impartidas polos veterinarios de AGA, Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, que tratarán sobre os diferentes factores que inflúen na mortandade das colmeas (nutrición, idade da raíña, pragas, pesticidas, nosema...).A participación é de balde pero requírese inscrición previa.

Duración: 2 horas
Prezo: De balde (requírese inscrición previa)
Inscricións: Por email a info@apiculturagalega.es ou tel. 981 508 142 - 630 069 637         
Data límite: Unha semana antes da data da charla
Participantes: Mínimo 15, ata cubrir o aforo dispoñible

Contidos:

  • Varroa
  • Nutrición
  • Tamaño cámara de cria
  • Idade da raíña
  • Enfoque fronte a pragas (Vespa velutina)
  • Pesticidas e medio ambiente
  • Nosema

Calendario e lugares:

1. NARÓN

Data: 6 de outubro
Horario: De 11 a 13 h.
Local: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros de Narón 

2. O CORGO

Data: 27 de outubro      
Horario: De 11 a 13 h
Local: Asociación de veciños de Pedrafita

3. BOIRO

Data: 3 de novembro
Horario: De 11 a 13 h.
Local: Casa da Cultura Ramón Martínez López

4. CARBALLO

Data: 17 de novembro
Horario: De 11 a 13 h.
Local: Forum Carballo

5. QUIROGA

Data: 01 decembro
Horario: De 11 a 13 h.
Local: Casa da Cultura

6. A GUDIÑA

Data: 15 decembro
Horario: De 11 a 13 h.
Local: Edificio Multiusos (enfrente do Concello)

7. MOAÑA

Data: 19 de xaneiro de 2019
Horario: De 17 a 19 h.
Local: Casa da Mocidade, O Rosal - Moaña

 


Voltar