Os días 1 e 2 de outubro, AGA convoca as xornadas do voluntariado 2016, que consistirán en arranxar un cortín en Rao (Navia de Suarna-Lugo). Esta emblemática construcción da nosa apicultura tradicional sofre un derumbe na súa parede, e o dono é unha persoa maior que por si non o pode reconstruir e entón o voluntariado de AGA sería a solución.
Precisamos que os voluntarios/as vos apuntedes enviado un e-mail a agapicultura@gmail.comantes do 23 de setembro, logo xa nos organizaremos. Se entre vos hai algún especialista en valos de pedra tamén se agradecería que vos apuntarades.
En AGA agora temos unha morea de xente nova e con moita formación e queremos aproveitar esta circunstancia para recabar ideas de cómo enfrentarnos a Praga da Vespa Velutina.
Para isto facemos un chamamento aos que pensen que poden aportar ideas para que se apunten para participar en xuntanzas con este obxectivo.
Os voluntarios/as enviade un e-mail para que vos convoquemos.
A cooperativa Erica Mel e a empresa holandesa Agriterra firmaron un contrato de consultoría para asesorar e establecer un plan de desenvolvemento dunha cooperativa de mel de Etiopía, para o que foi enviada a este País africano a socia de AGA, Lisette Zewuster , socióloga holandesa, ao seu regreso Lisette faranos un informe desta acción de axuda a outras cooperativas noutras zonas do mundo.
Debido a proposta dalgúns de vosoutros, acordouse expedir diploma de asistencia aos participantes nas xornadas internacionais sobre a Vespa Velutina celebradas en Lugo os días 1,2 de setembro.
Para isto, os interesados/as debedes enviar un correo solicitando este diploma, indicando o nome completo e enderezo para o seu envio. Podedes enviar os datos ao seguinte enderezo: agapicultura@gmail.com
· Día 2: Obradoiro de cervexa de mel. Dende as 9:00h.
· Día 3: Obradoiros para escolares. Extracción e envasado do mel. Elaboración de candeas con cera. Proxección de videos apícolas. Visita guiada. Proba do mel con outros productos da Comarca.
· Días 4 e 5: IX Cata de meles a partir das 16:00h.
· Día 6: Conferencia de Antonio Gomez Pajuelo, biólogo, Consultor apícola, sobre mortandade invernal nas colmeas (velutina, varroa e malnutrición) preparación de piensos. As 18:30h.
· Día 8: Concurso de receitas con queixo e mel (dúas modalidades salgado e doce). Os participantes deberán apuntarse antes do día 6 de outubro na casa do mel o chamando ao teléfono 661.003.616
· Día 9: Feira do mel en Goente. As Pontes
Máis información: www.casadomel.es, ou chamando ao tel: 661003616
·Que non existe un estudo profundo acerca desta especie, que permita fixar con exactitude cales son os mellores métodos de loita. E polo tanto a investigación sobre esta especie invasora debe continuar.
·Que a competencia para a xestión da mesma debe ser asumida por parte dun único organismo especializado no tema, que aune todos os coñecementos e métodos de loita que se plantexen.
Nesta línea a Xunta debe facerse cargo do problema sen deixalo en mans dos apicultores, por ser o organismo competente na materia, convocando canto antes a comisión de seguimento, xa que nestes intres estamos en presenza dunha auténtico asedio as nosas abellas. AGA xa solicitó a Xunta la constitución e reunión desta Comisión.
·Que a presenza desta especie ten importantes costes económicos para a produción de mel e de froitas que é e será (cada vez máis) a necesidade de crear unha línea de axudas que permitan paliar estas perdas por parte do sector apícola e agrícola.
Que se debe continuar traballando en conxunto (investigación-administración- apicultores- sociedade para facerlle frente ao problema.