+ 34 981 508 142

630 069 637


COLABORACIÓN DE ERICA MEL NO DÍA DA ABELLA

18 de maio de 2020

A cooperativa Erica Mel colabora este ano con AGA na celebración do Día Mundial das Abellas o vindeiro 20 de maio, ofrecendo a tódolos nenos e nenas que participen un agasallo con produtos das abellas.

Lembramos que, co motivo do Día da Abella e ante a imposibilidade de realizar a actividade de xeito presencial, este ano os nenos e nenas poderán sumarse a esta celebración enviándonos un debuxo sobre a importancia das abellas, que será publicado o día 20 de maio no noso Facebook. Como recompensa, poderán visitar o Enredo do Abelleiro de balde coa súa familia e recibir un agasallo de produtos das abellas de Erica Mel. Máis información sobre como participar en Día da Abella 2020.

Erica Mel cumpre 30 anos, 30 anos de ilusión e esforzos para achegar o noso maravilloso produto aos consumidores. Actualmente a través da web da cooperativa pódense comprar os diferentes artigos dos que dispoñen. Pero, ante o incremento da demanda e a propia evolución tecnolóxica, dende Erica Mel están a crear un novo proxecto de comercialización, para implementar novas estructuras e melloras na venda do mel, e achegar así os seus produtos a todas aquelas persoas interesadas.


Voltar