+ 34 981 508 142

630 069 637


COLABORACIÓN DO ENREDO DO ABELLEIRO NO DÍA DA ABELLA

15 de maio de 2020

O Museo O Enredo do Abelleiro colabora este ano con AGA na celebración do Día Mundial das Abellas o vindeiro 20 de maio, ofrecendo a tódolos nenos e nenas que participen unha visita de balde ó museo coa súa familia. Agradecemos enormemente ó Enredo do Abelleiro esta importante colaboración na iniciativa, que servirá para que os máis pequenos descubran o interesante mundo das abellas e todos os beneficios que nos aportan.

Este ano, ante a imposibilidade de realizar a actividade de xeito presencial, os nenos e nenas poderán sumarse a esta celebración enviándonos un debuxo sobre a importancia das abellas, que será publicado o día 20 de maio no noso Facebook. E como recompensa, poderán visitar o Enredo do Abelleiro de balde coa súa familia a partir do día 1 de xullo. Máis información sobre como participar en Día da Abella 2020

Anunciamos ademais que O Enredo do Abelleiro reabre as súas portas hoxe , venres 15 de maio. Para garantizar a protección dos visitantes, seguirán as seguintes medidas:

· As visitas deberán ser individuais (unidade familar)

· Percorrido da visita cambiarase facendo a explicación en zonas abertas

· Recoméndase concertar a vista por email ou teléfono con antelación

· Non se permitirá a realización de obradoiros

· A tenda do museo estará aberto no horario habitual sen necesidade de concertar cita

· Manterase sempre a distancia intrapersoal de 2 m e haberá a disposición xeles hidroalcohólicos e manterase unha limpeza e desinfección periódica do museo

Para máis información e reservas:  info@abelleiro.com  ou 646 387 863


Voltar