+ 34 981 508 142

COMEZA O CONGRESO NACIONAL DE APICULTURA DE TENERIFE

23 de outubro de 2018

O IX Congreso Nacional de Apicultura de Tenerife está a piques de comezar. O próximo xoves 25 de outubro de 2018 inaugúrase en Santa Cruz de Tenerife, no Centro Internacional de Feiras e Congresos, este encontro nacional da apicultura co lema "A abella, protectora do medio ambiente". 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Serán tres días de interesantes conferencias, tanto a nivel nacional como internacional, que amosarán investigacións e experiencias de variada temática: polinización, sanidade, selección xenética, bioloxía e produtos apícolas, entre outros. Tamén haberá sesións de comunicacións sobre todos estes asuntos e máis, acompañadasd de mesas redondas e obradoiros. Unha gran oportunidade para os apicultores e apicultoras para actualizarse a aprender, gracias ó traballo de APITEN Asociación de Apicultores de Tenerife APITEN, a DOP Miel de Tenerife, AFCA Asociación para o Fomento dos Congresos Apícolas e a Casa do Mel do Cabildo de Tenerife. Un grupo de 30 socios e socias de AGA acudirán a esta cita para descubrir ademais a riqueza da apicultura canaria e a beleza da illa de Tenerife a través de varias visitas apícolas e turísticas orzanizadas.

Descargar o programa completo


Voltar