04 de outubro 2018
A colleita do mel deste ano 2018 está sendo moi mala, entre un 20-30 % dunha colleita normal. As causas desta escaseza poden ser varias: unha elevada mortandade á saída do inverno, os cambios no clima cunha primavera moi tardía este ano, unha tendencia cada vez maior á enxamía e tamén a presión da Vespa velutina, nas zonas máis afectadas por esta praga.
Esta situación parece que non se produciu igual en toda a península, afectando máis no norte. Debido a isto, o mel nas zonas máis prexudicadas está subindo de prezo, pero noutros lugares está pasando o contrario. Polo tanto, o prezo no mercado nacional do mel é moi variable, máis todavía en ámbito internacional, cunha elevada competencia con outros produtores a nivel mundial. Non obstante, o tipo de mel máis predominante en Galicia, o mel de bosque (oscuro, de brezo, melato...), ten unha boa saída no mercado e está moi ben valorado en Europa.
Obsérvase en xeral unha tendencia nos últimos anos hacia colleitas cada vez máis inestables, variando moito dunhas zonas a outras, e un descenso na media de produción por colmea, que estaba fai uns anos en 25 Kg e pódese establecer na actualidade en 15 Kg.
A directiva de Erica Mel, decidiu convocar unha reunión urxente para analizar esta situación, na que se decidiu subir o prezo ó que se lle paga ó socio a 5 € / Kg. En canto á venta ó público, dende a cooperativa opinan que hai que seguir subindo o prezo e establecer unha referencia de 10 € o envase de 1 Kg e 6 € o 1/2 Kg.