+ 34 981 508 142

CONCENTRACIÓN STOP VESPA VELUTINA EN OURENSE, 4 ABRIL

4 de abril, diante da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense

Ante a pasividade da Xunta de Galicia e en previsión da grande afectación que terá o avance do tártago de patas amarelas en Ourense, AGA convoca unha concentración abelleira o día 4 de abril a partir das 11 h ante a Delegación da Xunta de Galicia en Ourense (Av. da Habana, 79).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Facemos un chamamento a todos os socios e socias de AGA a participar, que ampliamos tamén ós concellos, organizacións do sector apícola e outros afectados, así como á cidadanía en xeral, pois este é un problema que afecta a todos e todas. Acudiremos cos nosos traxes abelleiros e afumadores, así como con outros materiais que chamen a atención dos medios e da administración, para que se nos vexa e se nos escoite.

O obxectivo será que a Xunta admita as nosas demandas e que poña os medios para que se leven á práctica, cun plan de loita eficiente e o financiamento necesario, tendo en conta ós sectores afectados. Xa levamos tempo loitando polas vías administrativas e parlamentarias, sen conseguir ningunha resposta ata o de agora. Por iso é momento de mobilizarse e esixir xa ó Goberno que actúe.

Trae o teu traxe apícola e afumador, para que nos vexan e nos escoiten!


Voltar