+ 34 981 508 142

CONCESIÓN AXUDAS PLAN APÍCOLA 2019

19 de setembro de 2019

O pasado mes de agosto chegou a resolución da Xunta de Galicia coa concesión da subvención do Plan Apícola 2019.

A Asociación Galega de Apicultura recibirá un total de 219.149,67 €, que se reparten do seguinte xeito: 48.000 € para o contrato dos veterinarios (o 80 % do seu gasto), 108.969,29 € para os tratamentos da varroa (o 80 % do seu gasto), 29.326,90 € para o alimento (o 50 % do seu gasto), 10.313,08 € para a cera (o 50% do seu gasto) e 22.5410,40 € para o seguro (o 49% do seu gasto).

 

Devolución do alimento e cera 

Do gasto do alimento e cera farase a devolución por transferencia bancaria correspondente a cada socio/a, a partir do mes de outubro, cando recibamos os cartos. A compra dos tratamentos da varroa xa se fixo a prezo subvencionado, polo que xa non se devolverá nada.

 

Devolución do seguro

Este ano chegaron os cartos para a subvención do seguro, pero dende a Consellería de Medio Rural comunicáronnos recentemente que  só pode ser para os que o fixeron dentro da póliza de AGA.

Nós non tiñamos esta información previamente, o cal foi un erro por parte da Xunta, pois  solicitámolo así dende un principio e sí que nos concederon o importe total solicitado. Pero agora avisaron que non pode entrar todo e xa non se pode solucionar.

Así que decidimos repartir o total da subvención do seguro entre tódolos solicitantes, os que teñen o seguro feito en AGA e os que non. Co cal queda unha subvención do 40% no seguro para todos igual.

A devolución farase xunto coa cera e o alimento para os que teñan máis de 50 colmeas. Ós socios e socias de menos colmeas, que teñan a cota domiciliada, descontarémosllo no pago da cota do 2020. Os que non teñan domiciliación, terán que solicitar a devolución en efectivo. 

 


Voltar