+ 34 981 508 142

CONTROL DA VELUTINA NO VERÁN

1 de agosto de 2018

Parece que este ano haberá menos velutina ca anos anteriores, ou virá máis tarde, pero de todos os xeitos convén estar atentos. Os abelleiros e abelleiras podemos protexer as nosas colmeas coas arpas eléctricas que amosaron xa a súa eficacia ou tamén podemos usar trampas para capturar as obreiras velutinas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No segundo caso,  propoñemos  usar un novo atrainte, barato e eficaz, que consiste en mesturar nesta proporción: 5 litros de auga con 2 quilos de azucre e 50 grms de levadura de pan que podemos mercar nunha panadería. Quentamos un pouco a auga para disolver ben o azucre e a levadura, a continuación repartimos  o preparado en distintas trampas. As trampas de primavera non as usamos porque son moi pequenas, entón podemos usar a trampa francesa (caixa de madeira con escape para outros insectos) resulta moi selectiva, xa está a venda nalgunha casa comercial. Tamén podemos usar tarros de cristal de 1 quilo co atraínte e sen tapa, colocados encima das colmeas, e outras que se vos poidan ocurrir incluso caldeiros de plástico abertos.

A partires de mediados de setembro é boa práctica cortar exluidores de plástico en tiras e colocalos na piquera para que poidan entrar e sair as abellas pero non pidan entrar as velutinas.


Voltar