Data: 29 novembro 2019
Lugar: Concello de Moaña
Dende a Delegación de AGA no Morrazo convocan a todos os socios e socias da delegación a asistir á próxima Asemblea Xeral Ordinaria da DAGA, que se celebrará o venres 29 de novembro de 2019 as 20:00 h en primeira convocatoria e as 20:15 h en segunda convocatoria, no salón de Plenos do Concello de Moaña. Rúa Barxas 2, Moaña. Pontevedra, coa seguinte orde do día:
1. Memoria de actividades do ano 2019.
2. Estado da DAGA.
3. Contas de 2019.
4. Proposta de actividades para o ano 2020.
5. Rogos e preguntas.
Máis información: Delegado José Mª Bello Tel. 659 843 311 e email dagamorrazo@hotmail.com.