+ 34 981 508 142

CORRECCIÓN DO ERRO NO PREZO DA ANÁLISE POLÍNICA

31 de xullo de 2019

Informamos que no Correo Apícola Verán 2019 enviado en papel no mes de xullo, na información publicada no artigo sobre o Laboratorio do mel de AGA, nos prezos das análises hai un erro, pois non figura o prezo da análise polínica. Esta análise será de balde, para socios e socias, na primeira mostra enviada agás no caso de non resultar monofloral na analítica, que tería un prezo de 15 €. Para persoas non socias o prezo da polínica será en tódolos casos 20 €.

Pedimos disculpas por esta equivocación. A información correcta dos prezos está publicada nesta web no artigo: Comeza a andar o laboratorio de mel de AGA e na ficha de solicitude, así como será tamén enviada de novo en papel no próximo Correo Apícola.


Voltar