+ 34 981 508 142

CURSO BÁSICO APICULTURA EN LUGO

Datas : 6 e 7 de abril de 2019, sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h. e domingo (prácticas) de 10 a 14 h.

Lugar : Centro de Convivencia Fingoi - Lugo

Prezo: De balde para socios e socias de AGA e SLG / 50 € para o resto. Inclúe a publicación "Curso de Apicultura" e certificado de asistencia

Prácticas: É preciso traer traxe apícola. A data poderá variar en función da climatoloxía.

Nº participantes: Mínimo 15 e máximo 20

Inscricións: Enviar a ficha de inscrición a AGA e xustificante de pagamento, ata o día 3 de abril

Organiza: AGA Asociación Galega de Apicultura e SLG Sindicato Labrego Galego 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA CURSO

1. Introducción

Reprodución das plantas con flor. Polinización

A apicultura, unha actividade multifuncional: produtos apícolas, biodiversidade. Produción de alimentos

Da flor a mesa. Historia dunha pinga de mel

Produción apícola:  Potencial melífero do entorno. Nivel de toxicidade. Forza das colónias. Condicións climáticas

2. As abellas e a colmea

Individuos da colmea: Raiña, obreiras, zánganos

Ciclo biolóxico das abellas. Morfoloxía da abella

Os oficios das abellas. Comunicación das abellas

As colmeas. Tipos de colmeas. Partes da colmea

Manexo da colmea ao longo do ano. Materiais e utensilos do apicultor. O afumador

3. O apiario

O apiario. Asentamento do apiario. Factores a ter en conta

Lexislación, distancias.

Reprodución das colmeas. Métodos de reproducción

Calendario do apicultor

4. Sanidade apícola

Concepto de sanidade apícola. Prevención de doenzas das abellas. Factores  que condicionan a saúde das abellas

Principais enfermedades e enemigos das abellas: Loque americana, varroa, Vespa velutina. Control e tramentos. Desinfección de materiais e equipos

Alimentación suplementaria das abellas. Necesidades alimenticias. Tipos de alimentadores. Épocas do ano

Axudas do PLAN APICOLA anual

5. Produtos das abellas.

Composición e usos de cada un. Produción de mel, pole, própole, cera…

A esmelga. Procesado dos produtos apícolas

Meles monoflorais. IXP-Mel de Galicia. Produción ecolóxica. Mel crema e derivados

Comercialización e prezos;  a granel,cooperativismo, individual…

Produción primaria: Mel das miñas colmeas

6. Guía de boas prácticas apícolas

7.  Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)

 

 

 

 


Voltar