+ 34 981 508 142

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS

9 de agosto de 2019

AGA e o SLG organizaremos este outono un curso sobre prevención de riscos específico para actividades agrogandeiras e forestais, incluíndo a apicultura, cunha duración de 40 horas. A formación será de balde pero precisamos un mínimo de asistentes para poder realizalo, así que se vos interesa tedes que comunicárnolo antes do 15 de agosto.

O pasado 15 de xuño realizamos unha formación sobre prevención de riscos en Ourense xunto co Sindicato Labrego Galego. Tratábase dunha charla introdutoria para valorar se hai xente interesada en participar nunha formación máis completa sobre a materia.

Visto o interese amosado e a elevada participación, queremos ofrecervos a posibilidade de recibir un curso sobre prevención de riscos en actividades agrogandeiras e forestal, incluíndo a apicultura, cunha duración de 40 horas. Esta formación sería de balde para os socios e as socias e incluiría un certificado de formación, con validez oficial (obrigatorio para persoas que teñan persoal contratado e útil para autónomos, se queren estar cubertos no caso de accidentes laborais).  Realizaríase probablemente no mes de outubro en Arzúa.

Precisamos un mínimo de asistentes para poder realizalo, así que se vos interesa tedes que comunicárnolo antes do 15 de agosto.

 


Voltar