+ 34 981 508 142

CURSO SANIDADE E MANEXO APICOLA, NOVEMBRO 2018 NA ESCOLA GALEGA DE APICULTURA

07 de setembro de 2018

A Escola Galega de Apicultura organiza este curso dirixido principalmente a apicultores e apicultoras con experiencia coa finalidade de mellorar a saúde das súas colmeas e polo tanto tamén a produción e rentabilidade das explotacións apícolas. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O día 16 de setembro, na Feira de Produtos Apícolas de Allariz, o coordinador do curso e veterinario de AGA Gonzalo Calvo, fará a presentación do curso, explicando cales son os obxectivos e detallando os seus contidos.

O curso estará coordinado polo veterinario de AGA, Gonzalo Calvo, que impartirá parte dos contidos xunto con Joaquín Lozano, veterinario e apicultor socio de AGA. Ademais, nalgunhas materias concretas contaremos con ponentes de recoñecida experiencia na temática, entre os que destacamos a Pajuelo Consultores Apícolas, empresa de Castellón especializada no asesoramento e formación en apicultura ou Apilarouco, un grupo de apicultores de Cualedro con avalada experiencia na cría de raíñas.

Organizan: Asociación Galega de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación R. González Ferreiro

Datas: 10, 11, 24 e 25 de novembro e 2 días en primavera para prácticas (pendente fixar)

Horario: sábado de 10 a 14 e de 15.30 a 18.30 h. e domingo de 10 a 14 h.

Docentes: Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA; Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA; Pajuelo Consultores Apícolas, empresa apícola de Castellón; Apilarouco, apicultores de Cualedro; José Mª Bello, delegado DAGA Morrazo; Perfecto García, apicultor da Limia

Inscricións:

Prezo: 40 € socios/as de AGA, 100 € para o resto

Cubrir a ficha de inscrición e enviar xunto co xustificante de pagamento por email a info@apiculturagalega.es ou por carta a AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María (Arzúa), antes do 31 de outubro.

Posibilidade de solicitar aloxamento e xantar na Fundación Ramón González Ferreiro (consultar)

 

Programa:

10 novembro: A saúde das abellas e o medio ambiente. Enfermidades, diagnóstico e tratamento.

Sesión de mañán

A saúde das abellas e o medio ambiente. Por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA
Enfermidades. Definición e causas
Enfermidades da cría e das abellas adultas
Intoxicacións

Sesión de tarde

Varroa e outros artrópodos.
Tratamentos en ecolóxico para controlar a varroa. Por Perfecto García, apicultor da Limia

11 novembro: Vespa Velutina, despoboamento e outros factores

Sesión de mañán

Vespa velutina e pragas das abellas
Experiencias na loita contra a Vespa velutina. Por José Mª Bello, delegado AGA Morrazo
Despoboamento das colmeas (Síndrome de despoboamento)
Pesticidas e outros (fame,frio, calor,outros depredadores)

24 novembro: Raíñas. Manexo. Lexislación

Sesión de mañán

Reposición e cría de raíñas. Por Apilarouco, apicultores de Cualedro
Patoloxía en raíñas

Sesión de tarde

Manexo. Prevención. Invernada
Lexislación en sanidade apícola

25 novembro: Alimentación das abellas

Sesión de mañán

Alimentación das abellas. Por Pajuelo Consultores Apícolas

Descargar ficha de inscrición


Voltar