Durante o mes de setembro AGA continúa coa labor informativa sobre a Vespa Velutina Nigrotorax coas seguintes charlas:
Mondariz – 10 de setembro ás 20 h. no Centro Social
Carral – 26 de setembro ás 12 h. na Casa da Cultura
Van dirixidas en xeral a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares.
Temas:
1.-O que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina nigrotorax.
2.-O avespón asiático unha ameaza real. Colectivos afectados
3.-Como comportarse ante a presenza da V.Velutina.
4.-Vixianza e control, colocación de trampas para capturar raÍñas fundadoras na primavera, eliminación de niños no verán e outono, quen deberá facer esta labor.
5.-Demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.
A entrada é de balde