ABC da Apicultura + Natural e Ecolóxica. A saúde das abellas nas túas mans
Organizado por APEGA e impartido por Xosé Manuel Durán Orús.
Neste curso verás as abellas con outros ollos e aprenderás a cultivalas dun xeito moito máis natural para que sexan elas mesmas as que se vallan por si mesmas.
Máis información: http://www.apega.es/gl/11-general/13-abc-da-apicultura-natural-e-ecoloxica
Programa:
O enxame e a súa contorna: un todo interrelacionado
Abellas e plantas; unha alianza moi fecunda.
Polinización e botánica apícola. Néctar e pole; os alimentos do enxame.
Anatomía e fisioloxía do enxame
O enxame como superorganismo. Sistemas e órganos do enxame. Forma e estructura. Zonas vital, activa e de choque. Termorregulación. Sistema inmunolóxico do enxame.
Anatomía e fisioloxía da abella
Órganos e glándulas; a linguaxe das feromonas. Ídade e función. A linguaxe da danza e os seus 3 bailes asociados.
Unha nova apicultura: Apicultura+Natural
Máis observación e menos intervención. A Colmea + Natural; deixar ás abellas facer.
Manexo para a obtención de mel de calidade.
Manexo para a reproducción do colmear
Programa Sanitario Excepcional de APEGA para evitar tratamentos
Manexo ecolóxico da Colmea+Natural para evitar tratamentos ou como crear as condicións para que o enxame estea san.
O curso impartirase en dúas modalidades:
Opción A) Os segundos domingos de cada mes entre os meses de marzo a outubro de 2016
Opción B) Dous fins de semana: 7 e 8 de maio, 10 e 11 de setembro de 2016
Nº de prazas limitadas: 16 persoas
Lugar:
O curso terá lugar en Abelaido, A Lama, Pontevedra. Neste entorno natural ao pé do río Verdugo é onde está situado o colmear de APEGA. Gloria Domeq (ECOGLORIA) cédenos a súa casa de bioconstrucción para as clases e o xantar. Ela será a encargada de elaborar o menú saudable de cada día.
Prezo:
250€/persoa
200€/persoa para os/as socios/as de APEGA e de AGA
Desconto de 20% se te inscribes antes do 1 de marzo.
Neste prezo está engadido o xantar da cada día do curso
O aloxamento no caso de escoller a opción B será por conta do/a alumno/a podendo ser en casas de turismo rural no concello de A Lama
Inscrición:
Enviar e-mail a: info@apega.es indicando no asunto NOME+ABC APICULTURANATURAL
O que o curso inclúe:
1.- Asistencia a todas as clases coa posiblidade de practicar e non ser só oínte.
2.- Asesoramento continuo durante o ano 2016 a través de e-mail ou do grupo de whatsapp do curso.
3.- Superado o curso, o/a alumno/a poderá solicitar a súa inclusión en APEGA e no seu programa experimental para a suspensión temporal do tratamento contra a varroa según decreto 339/2009