+ 34 981 508 142

630 069 637


Cursos AGA 2013

AGA organiza durante os meses da primavera unha serie de cursos, conferencias, días de campo... Estas actividades terán lugar por toda Galicia.

Inscricións:

Todos os interesados e interesadas deberán inscribirse cunha semana de antelación á data de inicio de cada curso, sexan soci@s ou non de AGA. Isto pódese facer mediante e-mail ou teléfono, dando os datos e facendo mención ó curso que van asistir.

Teléfono 981 508 142 / Email: aga@queixoemel.org

Prezos:

A participación nos cursos é gratuita para soci@s de AGA e ten un custo 40 € para non soci@s. Están exentos de pago os veciños e veciñas dos concellos de Culleredo, Narón, San Sadurniño e As Pontes nos cursos que se desenvolvan nestas localidades. Tamén hai descontos para parad@s e menores de 20 anos.

Os días de campo de Viana do Bolo e Covelo son gratuitos para tódolos participantes, sexan ou non socios.

Forma de pago:

As persoas non socias deberán aboar 40 € na conta de AGA e acudir ao local do curso co resguardo bancario de ter pagado. Nº Conta: 2080 0348 38 3000018210. Poñer en concepto: Curso AGA [Lugar do curso]

Nota para socios e socias de AGA:

O día de Sanidade dos cursos, as persoas socias de AGA poderán acudir co caderno de explotación apícola para que o veterinario lle expida a receita co tratamento da varroa para este ano, dado que este ano non vai haber subvención para este tratamento, AGA levará aos cursos distintos tratamentos que poderán adquirir a máis baixo prezo de mercado, pensando en que se poida subvencionar algo cos fondos do PLAN APICOLA 2013.

Tamén levaremos para a venda o libro TRATADO DE APICULTURA, o mellor libro apícola.

As persoas que queiran asociarse a AGA, a cuota é de 40 € ó ano e poden asociarse a través da web: www.apiculturagalega.es. Para consultas chamar por teléfono ou escribir un mail.

 

CURSO DE INICIACIÓN - PROGRAMA TEÓRICO- PRÁCTICO

1º DÍA. IMPORTANCIA DAS ABELLAS. Ciclo biolóxico das abellas. O enxame. colmea, partes da colmea, o panal. Os abelleiros: equipo e utensilios, manexo do afumador. Instalación do apiario.

Prácticas: visita a un apiario e inspección de colmeas

2º DÍA. REPRODUCIÓN DO APIARIO. Os individuos da colmea. Nocións de selección. Multiplicación do apiario: recollida de enxames, formación de núcleos. Colocación de alzas para a colleita de mel. Calendario de traballos.

Prácticas. Visita a un apiario e práctica de reprodución

3º DÍA. SAÚDE DAS ABELLAS. A saúde das abellas e o medio ambiente. Sanidade apícola: Principais parásitos que afectan as abellas: varroa, loque, vespa velutina. Prevención de doenzas. Enfermidades da cría. Enfermidades dos adultos. Control de enfermidades. Desinfeción.

Prácticas: Visita a un apiario e identificación e control de doenzas

4º DÍA. ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS APÍCOLAS.

A esmelga: local de extración do mel, equipamento do local, extración, decantación, envasado e etiquetado do mel. Os distintos produtos das abellas: calidades e cualidades. A cera, reciclado; a súa influencia na saúde das abellas e na calidade do mel. Comercialización.

Prácticas: Visita a un local de extracción do mel

PROGRAMACIÓN:

CULLEREDO. DAGA A Coruña

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 5, 6, 12 e 13 de abril

Horas: venres de 16-20 e sábados de 11-14 e16-19h.

Local: Xardín Botánico de Culleredo


DIA DA ABELLA E FEIRA DO MEL

Data: domingo 21 de xullo

Xardín Botánico de Culleredo

Horario: de 10 da mañá a 20 h. da tarde

 

NARÓN. DAGA Ferrolterra

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN

Datas: sábados 13, 20 e 27 abril

Dous días de selección e reprodución (M.Varela)

Un día de sanidade apícola (Gonzalo Calvo)

Horario: 10,30 hl a 13,30 h. e de 16,00 h a 19,00 h.

Local da ganadera, próximo a AVV de Sedes. Narón


CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 4, 11, 18, 25 de maio

Horario: 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h.

Local da ganadera, próximo a AVV de Sedes. Narón

 

CASA DO MEL. DAGA Eume

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 11,12, 18, 25 de maio

Horario: de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: DAGA-Eume e Gonzalo Calvo


CURSO DE ESPECIALIZACIÓN. 28 horas

Cría de raíñas e extracción de xelea real.

Imparte: Persoal técnico da Casa do Mel

Datas: 8, 9, 10, 13, 16, 20 e 21 de xuño pola tarde,

4 horas cada día.

Este curso terá una taxa de 40 € por asistente

 

ORTIGUEIRA. DAGA Ortegal

CONFERENCIA PARA O PÚBLICO EN XERAL

Influencia das Abellas na alimentación, medio ambiente e saúde, por Suso Asorey.

Data: 6 de abril

Horario: de 11 a 13 h.


CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 27, 28 de abril e 04 e 05 de maio

Horario: de 10 a 13 e de 15 a 18 h

Monitores: DAGA-Ortegal, Gonzalo Calvo

Local: Fundación Federico Maciñeira

 

PORTO DO SON. DAGA Barbanza

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN: Cría de raíñas.

Datas: 11, 17 e 18 de maio

Horario: 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Casa da Cultura de Queiruga. P. do Son

 

MONDOÑEDO. DAGA Mondoñedo

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN

Vespa Velutina e Reprodución do apiario

Data: 4 de maio

Horario: de 10 a 14 horas

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Salón de actos da Oficina Agraria de Mondoñedo

 

LUGO. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 8, 9, 15 e16 de xuño

Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Marcos Varela e Gonzalo Calvo

Local: Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay

 

OURENSE. DAGA Ourense

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 11, 12, 18 e19 de maio

Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: Perfecto García, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

Local: Fundación Otero Pedraio. Trasalba. Amoeiro.

 

CASTELO DE SOBROSO. PONTEAREAS. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas:18, 19, 25 e 26 de maio.

Monitores: Alex Cendón, X.M. Docampo, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

Horarios: de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Local: Castelo de Sobroso

 

CELANOVA. DAGA Celanova

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 13, 14 e 20, 21 de abril

Horario: Horario de 10 a 13 e de 15 a 18 h.

Monitores: José Fernández, Gonzalo Calvo

Local: Antiga Biblioteca Municipal,Concello de Celanova

 

SANTIAGO. AGA

CURSO DE INICIACIÓN

Datas: 3, 4, 10 e11 de maio

Horario: venres de 17 a 21 h. / sábado de 11 a 14 h. e de 15 a 18  h.

Local: Casa das Asociacións de Cornes - Conxo. rúa Manuel Beiras, 3 Santiago de Compostela

Monitores: José Fernández, Gonzalo Calvo, Suso Asorey

 

XXVIII MOSTRA EN ARZÚA. AGA

Día 1 de xuño

O programa publicarase mais adiante. Para esta actividade non hai que apuntarse.

 

DÍA DE CAMPO. COVELO

Día 23 xuño.

Organiza: Abella Lupa SAT. Producción apícola ecolóxica.

Visita a cerería de Paraños, melería e apiario.

Enviarase o programa aos que se apunten.

 

DÍA DE CAMPO. VIANA DO BOLO

Día 30 xuño.

Organiza: Benigno Basteiro.

Selección e reproducción de abellas, visita aos apiarios.

Enviarase o programa aos que se apunten.

 

VIAXE APÍCOLA A PORTUGAL

Macedo de Cabaleiros.

Día 27 de abril

Organiza empresa Macmel. Cría de raiñas en directo.

Programa en www.macmel.net.

Saida de Santiago, da sede de AGA, ás 8 h. Iremos por Ourense e Verín. Regresamos a noite ao mesmo punto. Hai que levar o traxe de apicultor. Apuntarse en AGA antes do 10 de abril. No intre de apuntarse daremos o prezo do autobús.

As datas dos cursos poderán variar en función da climatoloxía.

Mais información:

Centro do Queixo e do Mel, Arzúa

Horario: De 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas, a diario

Tel.: 981 508 142 e 630 069 637

e-mail: aga@queixoemel.org, agapicultura@gmail.com

Web: www.apiculturagalega.es


Voltar