+ 34 981 508 142

DÍA DO APICULTOR 2019 E ASEMBLEA XERAL DE AGA

Data e lugar: 9 de febreiro en Arzúa

SALVAR AS ABELLAS, SALVAR A APICULTURA

As dúas «ideas forza» na nosa actividade  son: a polinización, alicerce que temos que esgrimir constantemente perante os poderes públicos para que actúen a favor das abellas, e os produtos das abellas, alicerce no que temos que traballar os abelleiros e as abelleiras para salvarmos a apicultura, xa que é a principal forlaleza que temos nas nosas mans.

Neste campo, AGA está a actuar a diario para seguir avanzando na innovación e diversificación dos produtos das abellas. O Día do Apicultor 2019, que terá lugar o día 9 de febreiro en Arzúa, ten estes obxectivos  e realizará un amplo programa de actividades que agardamos  sexan do voso interese. Haberá actividades simultáneas en catro locais diferentes, coa intención de que cadaquén participe alí onde máis lle conveña.

Xa que se trata dunha primeira actividade do ano e de participación libre e de balde, podedes convidar a vir a Arzúa  outros amigos abelleiros e abelleiras  e animar esas persoas a que se asocien en AGA, pois cantos máis sexamos máis doado nos vai ser salvar as abellas e a apicultura para beneficio de todas e todos.

 

PROGRAMA

Palestras  De 10 a 14 h e de 16 a 18 h na Polbeira de Santa María

Alimentación das colmeas, ás 10 h
Alimentar as abellas... Depende, por Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola.
Só en caso de fame, por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA.

Investigación e loita contra a Vespa velutina, ás 11.15 h
Falcón abelleiro europeo, primeira defensa natural contra a invasión da Vespa velutina, por Manuel Fernández, Universidade de Alcalá de Henares.
Sistema de localización de tartagueiros de Vespa velutina, por Sandra Rojas, Universidade de Vigo.
Plataformas Stop Velutina e experiencias en Galicia e Asturias, por Diego Sánchez Agra (SLG), Felix Méjica (ADAPAS), Casimiro Sixto (ADAPAS) e José Mª Bello (DAGA do Morrazo).

Asemblea Xeral de AGA, ás 13 h

Plan Apícola e formación 2019, ás 16 h. Por Gonzalo Calvo —veterinario— e Paula Souto —técnica de AGA—

Análises e características dos meles de Galicia, ás 16.30 h. Por Antonio Gómez Pajuelo.

Novidades nos tratamentos contra a varroa, ás 17.15 h.
Rotación de tratamentos contra a varroa, por Francisco Alonso, Ecuphar.
Oxybee, nova alternativa no tratamento contra a varroa, por Miguel Ángel Rodríguez, Santamix Ibérica.

 

Feira de material apícola  De 10 a 14 e de 16 a 18 h na nave de Erica Mel
Material apícola e cambio cera, coa participación de Erica Mel, Macmel (Portugal), Apitienda Lyson (Guadalajara), Anel (Grecia), Apícola Carballal, Ángel Romero e Celso Cadahía.

 

Exposición «Sanidade apícola: Vespa velutina, varroa e outras novidades»  De 10 a 14 e de 16 a 18 h no local da Asociación Veciños de Santa María

  • Exposición: Sanve (Eugenio Pichel), Vel-Zapper (Dieter Boisits), Benigno Fernández,  Fernando Cores, Apiyago, Pastores Zagal, Rucamanqui-Santamix Ibérica, Hayedo-Laboratorios Calier, Ecuphar e Antonio López (Asturias).
  • Consultorios: Sanidade apícola por veterinarios de AGA e Vespa velutina por DAGA Ferrol.
  • Obradoiro: Alimentación das colmeas, por Antonio Gómez Pajuelo, ás 12.30 h.

 

Exposición «O mundo do queixo e do mel»  De 10 a 14 h e de 16 a 18 h no Centro do Queixo e do Mel

  • Exposición: Erica Mel, Produtos apícolas Apiagro (Portugal), Queixos Arzúa-Ulloa, Queixos San Simón e outros
  • Degustacións de produtos apícolas, meles e queixos
  • Actividades para crianzas

 

Xantar abelleiro  Na Polbeira de Santa María. Non é necesaria reserva previa. Para máis información: tel. 986 58 77 21

 

COMPRA CERA E ALIMENTO PLAN APICOLA 2019

O Día do Apicultor poderase mercar cera e alimento do Plan Apícola 2019. Para que poida entrar na subvención será obrigatorio mercalo en Erica Mel, tanto a cera coma o alimento, e indicar no momento da compra que é para incluír no Plan Apícola. No caso do cambio de cera, a cera vella poderase entregar a Apícola Carballal ou Ángel Romero, pero a cera laminada terá que mercarse igualmente en Erica Mel.

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AGA 

O 9 de febreiro de 2019, na Polbeira de Santa María (Arzúa), ás 13 horas en primeira convocatoria e ás 13.30 h en segunda convocatoria.

Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior, de proceder
2. Relatorio de actividades realizadas e economía de AGA do ano 2018
3. Presentación do programa de actividades e orzamento de AGA para o ano 2019
4. Rogos e preguntas

 

Voltar