+ 34 981 508 142

DIA DO APICULTOR 2020 - 1 DE FEBREIRO EN ARZÚA

19 de decembro 2019

Para rematar este ano anunciamos a primeira cita abelleira do 2020: o Día do Apicultor, o 1 de febreiro en Arzúa. Publicamos un programa provisional que enviaremos próximamente detallado por circular ós socios e socias, xunto coa convocatoria da Asemblea Xeral de AGA. Agardamos a participación de todas e todos vós.

Na xornada teremos unha mesa redonda sobre a Vespa velutina, na que temos confirmada a participación de Marcos González, director do Museo de Historia Natural da USC e do delegado de AGA no Morrazo José Mª Bello, que contará todos os avances nas ferramentas que dispoñemos os apicultores para combatir o tártago de patas amarelas.

 

AVANCE DO PROGRAMA

PALESTRAS. Na polbeira de Santa María.

Ás 10.30 h. Mesa redonda sobre a Vespa velutina. Coordina Xosé Torres 

Ás 12 h. Acto de entrega diplomas Concurso Mel 5 Estrelas

Ás 12.15 h. Mesa redonda sobre os Meles 5 Estrelas, coordina Suso Asorey

Ás 13 h. Asemblea xeral de AGA e eleccións directiva.

Ás 14 h. Xantar na polbeira de Santa María

Ás 16.30 Charla informativa sobre o Plan Apícola 2020. Por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA e Paula Souto, técnica de AGA.

Ás 17 h. Información sobre o laboratorio de AGA. Por Joaquín Lozano, veterinario de AGA.

Ás 17.30 h. Proxecto Apiturismo en Galicia 2020-2021. Por Paula Souto, técnica de AGA.

ACTIVIDADES PARALELAS

Na nave de Erica e arredores. De 10 a 14 e de 16 a 18 h.

Feira de material apícola. 
Exposición sobre a Vespa velutina : arpas eléctricas e postos informativos

No Centro do Queixo e do Mel. De 10 a 14 e de 16 a 18 h.

Exposición sobre apiturismo: fotografías sobre o patrimonio tradicional apícola de Galicia e proxección de vídeo
Exposición e degustación dos Meles 5 Estrelas. Por Noela Torres, restauradora
Espazo infantil 

XANTAR ABELLEIRO

Na Polbeira de Santa María, de 14 a 16 h.Non é necesaria reserva previa, para máis información: tel. 986 58 77 21

 

 


Voltar