+ 34 981 508 142

DÍA DO APICULTOR, 9 DE FEBREIRO 2019 EN ARZÚA

21 de decembro de 2018

Xa temos data para o Día do Apicultor para ir marcando no calendario do 2019. Será o sábado 9 de febreiro en Arzúa e nesta ocasión presentaremos un novo proxecto de AGA: o laboratorio de análises de mel e un concurso de meles do país. Para a posta en marcha deste proxecto, que prevemos esté en funcionamento para a colleita de mel do 2019, contaremos co asesoramento de Pajuelo Consultores Apícolas.

Outros temas que tamén abordaremos o Día do Apicultor están relacionados coa sanidade apícola, en liña co traballo de formación que comezamos o pasado outono en AGA. Falaremos sobre a loita contra o tártago asiático, os tratamentos da varroa e a alimentación das colmeas, de cara a preparar as nosas colmeas para a seguinte campaña apícola.

No mes de xaneiro publicaremos o programa completo da xornada, á que convidamos a participar a todos os apicultores e apicultoras interesados.


Voltar